evasolla | Неотсортированное

Telegram-канал evasolla - Eva Solla Fernández

77

Coordinadora de Esquerda Unida. Comité Central PCE. Feminista.Enfermeira.

Подписаться на канал

Eva Solla Fernández

Esta tarde seguimos co traballo da delegación galega nos campamentos saharauis.
Visitamos a "Media Luna Roja" onde nos trasladaron a crúa realidade de carencias nutricionais e dificultades de acceso á auga de grande parte da poboación saharaui.
Estas circunstancias vense agravadas polo recorte nas partidas dos países da UE adicadas a solidaridade, poñendo en evidencia que esta é só un parche se non existe unha solución política que permita ao pobo do Sahara voltar á súa terra.

Esta tarde tamén tivemos a inmensa sorte de conversar con Suelma Beiruk, vicepresidenta do Parlamento Africano, coa que tratamos o imprescindible papel das mulleres saharauis dende o 75 ata os nosos días.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

🗣 Bo día! mentres se reanuda o pleno do Parlamento de Galicia, seguide a intervención de Eva Solla denunciando o abandono que a Xunta de Galicia fai en Porriño coa contaminación por lindano, un cancerixeno tipo 1

👉A Xunta non sabe que facer co lindano
👉Non informa ás veciñas
👉Non informou ás sanitarias en como atender as afeccións por lindano

https://youtu.be/nvl2_FpW3pQ

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Fai uns días RadioVoz entrevistábame para coñecer a nosa opinión sobre os terribles efectos para a saúde e o mediombiente do lindano que ameaza á veciñanza de Porriño.
http://esquerdaunida.org/eva-solla-fala-sobre-os-efectos-do-lindano-en-radio-voz/

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

🌊 🏥En Marea esixe a Xunta de Galicia que acabe coa ausencia de espazo e unidades de hospitalización para enfermidade mental na Coruña e as dote de persoal suficiente

👩🏻 A vicepresidenta do Parlamento e deputada de En Marea, Eva Solla, visitou a unidade de psiquiatría da Coruña onde puido comprobar as denuncias recibidas relativas á escaseza de espazo e insuficiencia de persoal

📝 Máis información na web de En Marea:
https://enmarea.gal/marea-esixe-xunta-de-galicia-acabe-coa-ausencia-de-espazo-unidades-de-hospitalizacion-enfermidade-mental-na-coruna-as-dote-de-persoal-suficiente/

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

A pasada semana interpelei ao Vicepresidente da Xunta sobre a situación das Emerxencias en Galicia.
Mentres a privatización, descoordinación e falla de medios lévase denunciando anos, o Sr.Rueda prefiere verquer as responsabilidades en concellos e deputacións.
Obviando que precisamente o mapa de servizos, a formación e a coordinación son responsabilidades directamente súas.
A vindeira semana, no pleno do luns, defenderei as medidas que dende En Marea propomos para mellorar este servizo e non voltar pasar polo desastre vivido na vaga de lumes, no incendio de Fandicosta ou no afundimento do pesqueiro Nuevo Marcos.
🚨🚨🚨
https://m.youtube.com/watch?v=SxS_y30CUbI

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Chegando xa a casa!
Despois dun día completo no que visitei o centro de saúde de As Pontes, e estiven no Porriño falando dos efectos terribles do lindano, toca repor folgos.
Mañá ás 10:30 estarei conversando con RadioVoz precisamente da situación que están a vivir no Porriño.
Ás 11:30 asistirei coma Vicepresidenta ao pleno infantil do Parlamento de Galicia.
Xa pola tarde, ás 16:30 estarei coa concelleira Saínza Ruíz e reunidas coa Asociación Agavida en Ferrol para falar da desatención das persoas que enfermaron pola exposición a amianto.
E para rematar a xornada, compartirei a estupenda mesa na Coruña do Partido Comunista na presentación do noso número da revista "Nuestra Bandera " adicado á Revolución de Outubro.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

🏛 Eva Solla, vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, interpelou ao vicepresidente Alfonso Rueda en relación ás deficiencias do servizo de emerxencias 112. https://goo.gl/g7Ci5E

🌊 A senadora de En Marea, Vanessa Angustia, interveu no pleno do senado para falar sobre medidas forestais para evitar os lumes. Máis en: https://goo.gl/pa5SGv

👷🏽‍♀️ A deputada e voceira de En Marea no Congreso, Yolanda Díaz, vén de rexistrar unha batería de preguntas sobre as centrais térmicas galegas e os postos de traballo das mesmas. Ler en: https://goo.gl/C3xbez

📌 Co fin de informar á cidadanía sobre os efectos do lindano, EU-Son Porriño celebrará mañá unha xornada, que terá lugar no Multiusos de Torneiros, que contará coa presenza de Eva Solla. Moito máis en: https://goo.gl/VJsWhg

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Fai algúns días debatiamos na Comisión de Sanidade a necesidade dun centro de saúde en Gondomar acorde á poboación actual. O PP recurtou o proxecto no ano 2011 e dende entón, con pérdida de fondos europeos polo camiño, a vila segue agardando polo centro. Unha xestión "chapucera" e un recurte de prestacións. Podedes ver a nosa pregunta aquí: https://www.youtube.com/watch?v=zrcPLDg7OP0&feature=youtu.be

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Hoxe o Partido Comunista de Galicia celebramos en Vigo a conmemoración do centenario da revolución rusa.
Nun local cheo, abordamos dende a óptica académica, de militancia e da xuventude o significado da revolución.
100 anos despois, a aprendizaxe nos acompaña. Aprendemos do pasado para construir futuro!

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

https://twitter.com/eva_solla/status/930898232879837184

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Onte as deputadas de En Marea estivemos no Porriño escoitando as demandas dos concellos da zona interior da comarca de Vigo (Porriño, Salceda, Mos, Ponteareas).
Quedan uns días para o debate de totalidade dos orzamentos.
Seguimos!!

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Hoxe botamos a andar en Esquerda Unida o novo traballo das Responsabilidades de Comunicación e Estratexias para o Conflito.
Moi orgullosa das compañeiras e compañeiros que avanzan por unha EU máis fortalecida!

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

https://youtu.be/wJYZYzLF9tU

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Fai 100 anos tal día coma hoxe rompíanse as cadeas, nacía un mundo novo. Tal día coma hoxe campesiños e obreiros loitaban e vencían xuntos polo pan, o traballo e a liberdade.
Feliz aniversario da revolución rusa!
✊🏼


O TODOS O NINGUNO
(Bertolt Brecht)

Esclavo, ¿quién te liberará?
Los que están en la sima más honda
te verán, compañero,
tus gritos oirán.
Los esclavos te liberarán.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Uno sólo no puede salvarse.
O los fusiles o las cadenas.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Hambriento, ¿quién te alimentará?
Si tú quieres pan, ven con nosotros,
los que no lo tenemos.
Déjanos enseñarte el camino.
Los hambrientos te alimentarán.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Uno sólo no puede salvarse.
O los fusiles o las cadenas.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Vencido, ¿quién te puede vengar?
Tú que padeces heridas,
únete a los heridos.
Nosotros, compañero, aunque débiles,
nosotros te podemos vengar.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Uno sólo no puede salvarse.
O los fusiles o las cadenas.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Hombre perdido, ¿quién se arriesgará?
Aquel que ya no pueda soportar
su miseria, que se una a los que luchan
porque su día sea el de hoy
y no algún día que ha de llegar.
O todos o ninguno. O todo o nada.
Uno sólo no puede salvarse.
O los fusiles o las cadenas.
O todos o ninguno. O todo o nada.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

https://twitter.com/eva_solla/status/927188329963184128

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Bo día dende o Sáhara! Esta mañá estivemos visitando a "Asociación de Familiares de Presos y Desaparecidos Saharauis" onde poidemos escoitar os testimonios que denuncian as décadas de impunidade ante os asasinatos e desaparicións que incluén a existencia de centenas de persoas enterradas en fosas comúns.
Visitamos despois o Museo da Resistencia con decenas de pezas de artillería, fusís, minas antipersoa e tanquetas de orixe países OTAN incautados ás forzas ocupantes marroquinas.
Posteriormente entrevistámonos co Secretario Xeral do Ministerio de Información que nos acompañou ata as dependencias da RASD TV.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Onte o Partido Comunista de España celebramos o noso XX Congreso. No marco dun relevante debate interno no que o noso partido recupera, entre moitas outras cousas, o seu Comité Central; discutimos a posición perante a situación política en España e a nivel internacional.
Neste novo período que entra terei a responsabilidade unha vez máis de pertencer ao máximo órgano do PCE.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Veño de reunirme co alcalde e con representantes dos grupos municipais de Cuntis.
Demandan xa o mínimo esixible: que a Xunta cubra as baixas e permisos do persoal médico do seu centro de saúde.
O abandono da atención primaria en Galicia é total.
Como fixemos con outros concellos, levaremos este asunto á Comisión de Sanidade.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Esta tarde vémonos no debate que SOS Sanidade Pública organiza en Compostela. As e os diferentes voceiras/os de sanidade dos grupos parlamentares debatiremos xunto ao Xerente do SERGAS sobre o Anteproxecto de Modificación da Lei de Saúde de Galicia e as súas consecuencias.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Déixovos aquí o artigo que escribín xunto á compañeira Raquel Bernárdez, Coordinadora da Área Nacional de Muller de Esquerda Unida.
No marco do 25N, compre lembrar que, desgraciadamente, en canto aos dereitos das mulleres aínda temos que defender o obvio.
http://praza.gal/opinion/4335/25-de-novembro-defender-o-obvio/

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Finalizado por hoxe o día.
Mañá ás 10:30 estarei nas Pontes coa veciñanza e Xuntos polas Pontes comprobando a situación da atención sanitaria na vila. (Declaracións 11:30)
Ás 17h estarei xunto con Marcos Cal, membros de Ecologistas en Acción e o concelleiro de Eu-Son, Pedro Ocampo na presentación do informe sobre os efectos do Lindano.
E xa ás 19h Esquerda Unida organiza un acto sobre a mesma temática ante a alarmante exposición ao lindano da veciñanza porriñesa.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Rematou o Pleno por hoxe.
Mañá ás 11h reunireime coa Plataforma para a regulación do cannabis no Parlamento. 🌿
E ao mediodía interpelarei ao Vicepresidente Rueda pola situación das Emerxencias, os colapsos durante a vaga de lumes da plataforma de chamadas e maila dimisión do Xerente unhas semanas antes.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Bo día!
En dez minutos comeza o Pleno de Orzamentos no Parlamento de Galicia e probablemente comprobaremos un año máis o rexeitamento da totalidade das emendas da oposición por parte do Partido Popular,
Un ano máis unhas contas que non repercuten o macroeconómico en beneficio da clase traballadora.
Os recortes chegaron para quedar e o investimento en emprego de calidade fica ausente.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Hoxe en Esquerda Unida renovamos a nosa Área Nacional de Muller . Cumprimos cos documentos aprobados na Asemblea Nacional, avanzamos en organización, pero sobre todo camiñando co feminismo combativo! Parabéns Raquel!
https://t.co/Mpp1R3cFx2?amp=1

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Hoxe pregunto na Comisión de Sanidade se a Xunta vai facer algo para atender as necesidades sanitarias de Ribadavia. Un centro de saúde vello, con moitas necesidades e unha promesa antiga dun novo centro que non se executa. Se non vai haber centro novo, por que non reparan o antigo? Por que se recurtan servizos? A realidade é que as administracións teñen abandoada a atención sanitaria de Ribadavia. Dende En Marea esiximos solucións e non máis anos de espera.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

https://twitter.com/eva_solla/status/930045890085249024

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Esta semana preguntei no pleno polas obras de reforma e reparación para o centro de saúde de Mugardos que levamos solicitando dende 2013.
A Consellería comprométese agora, despois de moito insistir, en facelas parcialmente.
Aquí está a miña pregunta e a resposta do Conselleiro.
https://youtu.be/2DrxOkhGbQE

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Hoxe mesmo rexistramos dende o grupo parlamentar de En Marea as nosas emendas á totalidade dos orzamentos da Xunta para o ano 2018.
En materia sanitaria, o incremento de partidas adicadas aos concertos privados, a non execución das partidas de infraestructuras e a ausencia de incremento de persoal público son os piares que nos fan rexeitalos.
Se queredes saber que outras cousas consideramos non son atendidas nos orzamentos, déixovos aquí a miña intervención na comparecencia do Conselleiro de Sanidade.

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

📌Unha delegación de Esquerda Unida, encabezada pola coordinadora nacional, Eva Solla, vén de reunirse en Vigo con Sogaps e a Delegación Saharauí de Galicia. Un dos obxectivos é esixir un compromiso firme, dende a Xunta e os concellos, co Programa Vacacións en Paz. Máis en: https://goo.gl/wVvNUy

🌱Rubén Pérez participa nas Xornadas sobre o cumprimento da Directiva Marco da Auga, en Bruxelas. https://goo.gl/U5wg7k

⚾️ A concelleira de Mocidade e Deportes, Noa Morales, e o presidente da Federación Galega de Squash, Carlos Noya, presentaron a campaña “Coñece o Squash”. Ler máis en: https://goo.gl/KriU2m

Читать полностью…

Eva Solla Fernández

Parabéns ás traballadoras de Bershka. Polo conseguido a nivel laboral, pero sobre todo pola loita.
https://www.noticiasvigo.es/persoal-bershka-decide-unanimidade-aceptar-acordo-e-desconvocar-folga/

Читать полностью…
Подписаться на канал